Servizos

Somos Rocío e Luis, os responsables deste proxecto único na Costa da Morte que trata de levar o ioga a todos os recunchos desta comarca.

Clases de Ioga en praias da Costa da Morte

Ioga nas praias da costa da morte

Dende a nosa experiencia, sabemos que a práctica do ioga na praia é terapéutico no ámbito físico e mental. A natureza invita a calma, a armonía, o movemento corporal e o encontro cun mesmo. O ioga o aire libre axúdanos a conectar co noso interior, saír da rutina e sentirnos únicos co noso entorno. 

Practicar as secuencias de ioga co son do mar conéctanos co seu ritmo e creamos unha sintonía entre a respiración, corpo e natureza. Respirase un aire máis limpo e máis oxíxeno, absorbemos a vitamina do sol e o estar descalzos en contacto coa area notamos máis a enerxía da terra. É moi agradable a sensación de escoitar o son das olas e sentir a area nos pes, polo que se logra unha relaxación profunda.

O exercicio nun entorno natural, especialmente cerca da auga, axuda a aliviar o estrés, a tensión, a ira e a depresión. A presencia da auga induce a un estado meditativo e proporciona a paz interior e a felicidade. 

Cómo son as clases de ioga?

Durante unha sesión, que soe durar unha hora, practícanse diferentes ásanas ou posturas armonizadas coa respiración, beneficiosas tanto para o corpo como para a mente. As ásanas teñen diferentes grados de dificultade, dende as máis sinxelas para principiantes, ata as máis complexas para alumnos avanzados.

As clases soen comezar cun quentamento chamado “Saúdo o Sol” (Surya Namaskar), que comprende unha sucesión dinámica de posición que se inician de pe e nos fan baixar ata o chan para quentar e lubricar músculos e articulacións. Todo elo combinado coa respiración, que nos axuda a xerar calor e enerxía corporal.

Despois do quentamento comezase coa táboa de ásanas ou posicións estáticas, sempre realizando unha postura e a súa contrapostura para traballar o corpo e a musculatura de forma equilibrada. Se a clase é dinámica as ásanas realizaranse de forma fluída.

O final da clase realizase sempre cunha relaxación guiada duns 10 ou 15 minutos, nas que se devolve o corpo e a mente a calma, utilizando diversos pranayamas, según o nivel da clase, seguido dunha meditación. O rematar, e tomando o tempo necesario para incorporarse, faise unha pequena lectura onde se transmitirá a filosofía ióguica ao alumno, para que retome a súa vida con boa actitude.  

O ideal, para a correcta realización da actividade, sería non superar os 12 alumnos por sesión. 

Conecta coa natureza
Practicar as nosas clases de ioga na praia permíteche gozar da beleza natural do mar, da area e do aire fresco, creando un ambiente tranquilo e sereno.
Estimula os sentidos
Os sons das ondas, o aroma do mar e a sensación da area baixo os teus pés enriquecen a experiencia de practicar ioga na praia, axudando a calmar a mente e mellorar a concentración.
Beneficios adicionais
A práctica de ioga na praia engade un nivel de desafío físico, xa que a area inestable require maior equilibrio e estabilidade, fortalecendo os músculos do núcleo e mellorando a postura.
Mellora a vida da túa cidadanía co ioga

¿Como contratarnos?

Se es un concello, unha asociación ou un hotel interesado en contar cos nosos servizos, estás no lugar axeitado. En Nordesfitness especializámonos en ofrecer clases de ioga adaptadas ás necesidades de entidades como a túa.

Variedade de opcións co noso personal

En Nordesfitness contamos cun equipo de instrutores altamente cualificados e versátiles que poden adaptar as clases de ioga a diferentes niveis de experiencia e requisitos específicos para atender todas as necesidades.

Flexibilidade Horaria Total

Axustámonos á túa axenda para ofrecerte horarios flexibles que se axusten ás necesidades da túa entidade. Sexa pola mañá, pola tarde ou incluso nos fins de semana, podemos crear un calendario de clases que se axuste ás túas preferencias.

Experiencia en grandes grupos

Se desexas ofrecer clases de ioga para un gran número de persoas, xa sexa nun evento especial ou como parte dun programa regular, podemos garantir unha experiencia enriquecedora e ben organizada.

Cambia a túa vida con nordesfitness

¡Descubre o poder transformador do ioga con Nordesfitness! Convidámoste a mergullarte nesta marabillosa práctica que nutre tanto o corpo como a mente. O noso equipo de instructores altamente cualificados guiarache en cada paso do camiño, ofrecéndote apoio e motivación para alcanzar os teus obxectivos. Sexas principiante ou teñas experiencia previa, as nosas clases adaptaranse ao teu nivel e necesidades individuais. O ioga axudarache a mellorar a flexibilidade, fortalecer os músculos, reducir o estrés e atopar o equilibrio na túa vida diaria. Non esperes máis, ¡contacta connosco e comeza o teu viaxe cara a unha vida máis saudable e plena con Nordesfitness!

Clases de ioga sen plaia

Cursos de Ioga en exterior e interior

Non só temos clases de ioga na praia, se non que tamén realizamos as nosas sesións en calqueira zona exterior e tamén en interiores. Contacta con nos para saber cómo podemos axudarche.