Muller facendo ioga na praia

¿Que é o ioga?

O ioga é un estilo de vida que sana, coida e fortalece o corpo, a mente e o espírito mediante a práctica das ásanas, a respiración e a meditación. Dende a India e con máis de 5000 anos de antigüidade, converteuse nun sistema de traballo, acondicionamento físico e espiritual con máis adeptos nos nosos días.

O hinduísmo é unha das culturas máis complexas do mundo. O ioga forma parte da súa tradición relixiosa, espiritual, cultural e social. Hai textos de fai miles de anos que xa falan sobre prácticas de meditación, respiración, transcendencia do eu e unha serie de posturas que axudan ao iogui a purificar o seu corpo, estas son as ásanas.

Existen máis de cen tipos de ioga. En occidente coñécense e practícanse diversos estilos que derivan do Hatha Ioga, un dos mais dinámicos. Hainos máis espirituais, como o Ioga Kundalini, ou máis físicos como o Ioga Bikram, que se practica nunha habitación quente. Incluso existe un ioga facial para relaxar e tonificar os músculos da cara.

Nos impartimos clases de Ioga Integral. A parte de Hatha Ioga, que sería o ioga do pránico e do físico, impartimos clases que traballan con todos os tipos de ioga. 

  • Karma ioga: o ioga da acción
  • Bhakti ioga: o ioga da devoción
  • Jnana ioga: o ioga do coñecemento
  • Raja ioga: o ioga da auto indagación meditativa

Cada un destes tipos de ioga é completo por si mesmo, pero combinámolos tendo en conta o momento actual, as condicións medioambientais, os aspectos culturais, a disposición a aprender, a capacidade de comprensión, a situación psico-emocional e a condición física de cada persoa. Facémolo flexible para adaptalo a todo o público.

O ioga integral é un medio que altera acelerando o proceso evolutivo marcado polas leis da natura e que ten como obxectivo o encontro co Mestre Interior que todos portamos e a conexión e descenso do poder da Shakti, tanto individual como colectiva, sendo esta unha forza que pretende realizar e asentar o ceo na terra. 

Tanto na execución das ásanas, nas secuencias dinámicas e no pranayama (control da respiración) observamos unha serie de actitudes que, non solo van facilitar a incorporación dos beneficios da práctica, senón que ademais estas, sen darnos conta, vanse incorporando a nosa vida cotiá mellorando a nosa relación con nos mesmos e co mundo exterior. 

Son estas actitudes as que marcan a diferencia entre un exercicio ximnástico e unha ásana. Un exercicio ximnástico ten unhas repercusións positivas a nivel orgánico e mental, pero unha ásana facilítanos a conexión co noso Mestre Interior, que é o obxectivo fundamental deste Ioga.

Picture of Rocío & Luis

Rocío & Luis

Somos Rocío e Luis, dous apaixoados do mundo do ioga que queremos compartir con todo o mundo esta forma de vida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Relacionados

Rocío, una de nuestras monitoras

¡Benvido ao mundo do Ioga!

En Nordesfitness, temos o pracer de presentarche o comezo dunha emocionante serie de artigos no noso blog, nos que che ofreceremos todas as ferramentas e