Os beneficios do ioga nótanse na saude en xeral, porque o ioga é unha filosofía de vida, é un estado máis alá da mente. O seu obxectivo é coñecerse a un mesmo e traballar o seu interior.
- Aptitude física durante todo o ano
Estase saudable non so cando se logra alcanzar unha boa condición física, senón que elo se complementa cun equilibrio mental e emocional.
- Respiración fluida
A respiración é unha parte fundamental do ioga, tanto na meditación como nas asanas.
Traballamos a respiración co pranayama, o prana é a forza vital que sostén a vida. Para convertir unha respiración normal en pranayama fai falta aplicar un esforzo consciente a través dunhas técnicas específicas cuns pasos concretos.
A nivel físico rexenera os órganos internos, facilitando unha correcta aportación de oxíxeno as células, rexuvenecendo o corpo; facilita unha reeducación respiratoria que nos aporta unha maior eficiencia na inspiración e na renovación do aire utilizado.
E a nivel mental aporta paz, serenidade e claridade mental e facilita a enerxía necesaria para traballos de meditación.
- Mellor flexibilidade e postura
Incluír a práctica de ioga na rutina diaria fortalece o corpo, vólveo flexible e saudable. Ademais de mellorar a postura, o ioga estira, tonifica e fortalece os músculos do corpo.
A flexibilidade axuda a aliviar as tensións musculares xeradas polo estado de tensión que as veces entra no noso corpo debido ó estrés, e relaxa as sobrecargas musculares causadas pola actividade física diaria.
- Pérdida de peso
Coa práctica regular do ioga tendemos a volvernos máis sensibles acerca da clase de alimentos que o noso corpo debe inxerir e o momento adecuado para facelo. Iso tamén axuda a manter un control do peso.
- Paz interior
Todos anhelamos visitar lugares serenos e conectarnos coa beleza natural. Sen embargo, poucas veces tomamos consciencia que a verdadeira paz se encontra no noso interior, motivo polo cal é recomendable un breve recreo diario para experimentar esta marabillosa sensación, mediante as prácticas do ioga e a meditación.
- Mellora a inmunidade
O noso sistema é unha combinación perfecta do corpo, mente e espírito. Por elo, unha irregularidade a nivel físico afecta o plano mental. Do mesmo modo, calquera inquietude presente na mente pode manifestarse como unha enfermidade a nivel físico.
As posturas do ioga non só fan unha masaxe os distintos órganos do corpo, senón que ademais fortalecen o sistema muscular. As técnicas de respiración e meditación axudan tamén a liberarnos do estrés e melloran o noso sistema inmunolóxico.
- Vivir con maior conciencia
A mente está constantemente involucrada en diversas actividades e pensamentos, e simplemente sendo conscientes desa tendencia mental, podemos liberarnos do estrés e relaxar a nosa mente. O ioga axuda a esta toma de conciencia e traen a mente o momento presente, onde pode permanecer feliz e concentrada.
- Mellores relacións
O ioga pode axudar as relacións persoais, xa que unha mente relaxada, feliz e contenta é capaz de afrontar de maneira sensible e sensitiva as nosas relacións diarias. O ioga e a práctica da meditación axudan a manter a mente feliz e en paz, beneficios cos cales se verán contaxiadas as persoas próximas.
- Aumento da enerxía
Tan só uns poucos minutos diarios de ioga ofrecen o secreto para sentirnos frescos e cheos de enerxía, incluso despois dun longo día.
- Mellor flexibilidade e postura
Incluír a práctica de ioga na rutina diaria fortalece o corpo, vólveo flexible e saudable. Ademais de mellorar a postura, o ioga estira, tonifica e fortalece os músculos do corpo.
- Máis intuición
O ioga e a meditación teñen o poder de mellorar a capacidade intuitiva, para que sen esforzo te des conta do que hai que facer, como e cando.
O ioga é un proceso continuo, canto máis profunda sexa a súa práctica maiores serán os beneficios.